Un estudio de visitantes no Museo do Castro de Viladonga

2003 
entrada, afortunadamente conservado co seu encoiado orixinal pesia o enorme derrubamento que, procedente da propia muralla, caeu sobre del. Tanto no Antecastro como na Entrada, hai que insistir en que posteriores traballos de escavacion haberan de resolver ou, cando menos, delimitar moitas cuestions que agora se abren a investigacion nestas duas areas do xacemento. Como era ben sabido, unha profunda e demorada campana de limpeza de todo o Castro, e a conseguinte consolidacion das suas partes mais fraxiles, aumenta notablemente a monumentalidade e o caracter cultural e educativo deste enclave patrimonial (ver foto 17). Comprobase tamen que este labor de acondicionamento total e globalizado debe facerse polo menos duas veces o ano e, endeben, e preciso acometer unha campana de consolidacion mais demorada e intensa en determinadas estructuras da croa que notan o paso do tempo e a utilizacion social que de xeito continuo se fai deste Castro de Viladonga por parte de todo tipo de publico. Con este estudio pretendemos analisar, moi someramente, unha serie de datos recollidos entre o publico visitante do Museo do Castro de Viladonga que nos permitan saber algo sobre as suas caracteristicas sociodemograficas, asi como recoller impresions do trato recibido polo persoal do Museo e sobre aspectos que sirvan para mellorar a sua estancia no centro e o aproveitamento da sua visita. Este estudio serve para conecer a evolucion de determinados aspectos do Museo e, dalgun xeito, ven complementar anteriores traballos realizados sobre este tema en Viladonga (ver bibliografia final), cos resultados dos cales se poden comparar. Elixiuse para recoller os datos o periodo da primavera e veran do ano 2002, concretamente dende o 25 de marzo o 30 de setembro, incluindo asi dous periodos vacacionais importantes: a Semana Santa e o veran, xa que de forma especifica interesa conecer a dinamica das visitas nos meses nos que se produce unha maior afluencia de visitantes e polas indicacions que deles se poden extraer respecto as suas tendencias na forma de visitar o Museo. Os datos obtiveronse analizando un total de 1.290 enquisas individuais, que o publico respondia de forma anonima (se ben hai moitos casos de opinions asinadas), postas a sua disposicion nunca sala da exposicion do Museo para ser depositadas nun contedor ad hoc despois de cumprimentadas.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    3
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []
    Baidu
    map